39
As ITV están pechadas, polo que durante o período de emerxencia por mor do coronavirus se vai poder circular coa inspección caducada.
É dicir que se ao seu coche lle caduca a ITV con posterioridade á entrada en vigor do Estado de Alarma, non terá que preocuparse por unha posible multa, ata que non se volva á normalidade, aínda que polas súas circunstancias concretas teña que circular a diario.
A decisión de pechar as ITV ten por obxectivo evitar novos contaxios e evitar os desprazamentos en coche que non sexan imprescindibles.