Os comerciantes poderán ter unha caseta de venda en Razo durante o campionato de surf

0 minutes read

Do día 20 ao 24 de setembro desenvolverase en Razo o campionato internacional junior de surf. O departamento de Promoción Económica da Deputación da Coruña, promotora da actividade, pon casetas a disposición dos comerciantes que desexen expoñer e vender os seus produtos en Razo durante os días do evento. A participación é gratuíta. A venda podrá exercerse durante todos os días da actividade ou algún dos días soamente. Os comerciantes interesados deben comunicalo á organización ou a través do CCA Carballo á maior brevidade posible.