Un total de 167 concellos adheríronse ao convenio asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e proposto pola Xunta para axudar aos pequenos e medianos concellos na tramitación das sancións relacionadas con incumprimentos das medidas relacionadas coa covid-19 que son competencia municipal. A través deste acordo, a Xunta ofrece aos concellos medianos e pequenos adheridos de forma voluntaria a asistencia técnica e material necesaria para a tramitación dos procedementos sancionadores cando tal incumprimento sexa en ámbitos competencia dos municipios como o incumprimento de horarios, os aforamentos máximos ou os controis de aglomeracións de persoas. Desde que se formalizou o acordo a finais de novembro a Xunta xa recibiu 668 expedientes de denuncias, dos que a maioría corresponden ao incumprimento da obriga de usar máscara, e que o Goberno galego xa está a revisar.
17