Os concellos contarán con axuda autonómica para auditar as súas redes de saneamento


A Xunta vai destinar 300.000 euros a axudar aos concellos na realización de auditorías nos seus sistemas de saneamento co fin de erradicar as infiltracións de augas brancas e vertidos e preservar así a calidade das augas.

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, destacou o carácter esencial das auditorías, que permiten detectar as eivas das redes de saneamento e programar actuacións que leven á súa emenda, e incidiu na urxencia de identificar e atallar eses problemas para coidar máis a auga, “un ben finito e cada vez máis escaso”, remarcou.

Trátase, indicou a conselleira, de contribuír a que as entidades locais poidan identificar os problemas das súas redes de saneamento, as principais entradas de augas brancas que teñen nos seus sistemas de depuración ou os puntos de alivio. As entidades locais interesadas nestes incentivos teñen ata o 8 de outubro para presentar as súas solicitudes.