0
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar o anuncio da convocatoria de axudas a deportistas galegos e galegas de alto nivel, Axudas DGAN 2023. Nesta edición 2023 volverase a optar polo modelo dunha única convocatoria co que se pretende axudar á preparación e participación dos deportistas que están a buscar a súa clasificación para os Xogos Olímpicos e Paralímpicos de París 2024, así como ao resto de deportistas DGAN que tiveran o recoñecemento en vigor nalgún momento dos anos 2022 e 2023. O orzamento da convocatoria de 2023 será de 500.000 euros e poderanse solicitar as axudas ata o vindeiro mércores 14 de xuño de 2023.