Os GDR recibirán 7,3 M€ ata 2022

1 minutes read

A Xunta distribuirá un total de 7,3 millóns de euros entre os 24 GDR galegos, para garantir a continuidade da súa actividade durante os anos 2021 e 2022. Trátase de que, grazas a estas achegas, poidan proseguir coa implementación das estratexias nos distintos territorios mediante a selección de novos proxectos que contribúan a acadar un maior grao de desenvolvemento das áreas rurais, dentro da medida Leader.

A maiores, mediante estas aportacións dáse cumprimento ao establecido polo Plan de Reactivación deseñado pola Consellería do Medio Rural no que atinxe ao apoio aos GDR para impulsar medidas para sectores como o agroalimentario, o gandeiro, o forestal, o turístico, o ambiental ou o do pequeno comercio.

O reparto destas partidas realizarase entre grupos de xeito proporcional á puntuación acadada no proceso de selección polo que se lles recoñeceu a súa condición de entidades colaboradoras da Administración e polo que se seleccionaron as respectivas estratexias de desenvolvemento rural para o período 2014-2020.