Os grupos de acción local do sector pesqueiro avanzan na inclusión social

1 minutes read

A conselleira do Mar en funcións, Rosa Quintana, participou por videoconferencia na presentación do proxecto de cooperación Tanza: inclusión social, sector pesqueiro, economía circular, do que forman parte varios grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) de Galicia. Durante o encontro puxo en valor o importante labor que realizan estas entidades no desenvolvemento socioeconómico das zonas de pesca impulsando valores como a inclusión social.

O proxecto no que participan os GALP Mariña-Ortegal, Ártabro Norte, Ártabro Sur, Costa da Morte, Costa Sostible e Ría de Arousa botará a andar nos vindeiros días coa fase de divulgación, que inclúe diferentes xornadas de presentación coa finalidade de establecer unha rede de contactos e detectar necesidades e oportunidades en relación a inclusión social. Despois analizaranse e valoraranse aquelas ideas que resolvan necesidades dos sectores do mar e xeren emprego para colectivos vulnerables e identificaranse os axentes interesados en levalas adiante.