41
O Goberno chegou a un acordo con ERC e o PNV polo que os traballadores da administración pública con carácter de interinos e que leven cinco anos cubrindo a mesma praza pasen a ser fixos sen necesidade de realizar unha oposición. Esta medida afectaría a unhas 300.000 persoas en España. Entre os requisitos atópase levar cinco anos ininterrompidos e de maneira consecutiva na mesma praza para poder pasar a ser fixos sen necesidade de opositar, é dicir, aplícase ás prazas que «estivesen ocupadas con carácter temporal de forma ininterrompida con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016». Bastaralles con acceder a un concurso de méritos, segundo o articulado da reforma.