0
Os letrados da Administración de Xustiza (LAX) avalaron o preacordo alcanzado a semana pasada entre o Comité de Folga e o Ministerio para poñer fin a unha folga indefinida que comezou o pasado 24 de xaneiro. Segundo transcendeu acordouse unha subida salarial de ata 450 euros ao mes para compensar o aumento da carga de traballo asumida nos últimos anos. O 76% dos letrados que participaron na votación deste luns mostráronse a favor de aceptar na reunión deste martes co Ministerio a proposta que lles puxo sobre a mesa o equipo de Pilar Llop, o que poñería fin á folga, segundo informou o Ilustre Colexio Nacional de Letrados da Administración de Xustiza.