Os maiores de 60 con problemas de mobilidade reciben a cuarta dose da covid na casa

1 minutes read

Desde primeiras horas o equipo do Sergas traballa para repartir as doses da vacina da covid por todos os centros de saúde para que as enfermeiras e enfermeiros de referencia as repartan aos domicilios da provincia de Ourense.

Teñen nunha lista cos inmobilizados de cada concello así que os maiores de 60 con problemas de mobilidade reciben a cuarta dose da Covid na casa. E os que queiran tamén quedan vacinados da gripe. Os sanitarios avisan de que para os maiores é moi recomendable poñela porque este ano prevén moitos máis casos.

Póñenlle a Pfizer, pero unha vacina nova diferente ás outras doses porque ten un compoñente contra a variante ómicrom e delta.