Os nenos de Vimianzo despídense do verán agardando polas seguintes aventuras

0 minutes read
  • O éxito da edición do Vimiverán deste ano foi a descentralización de actividades ás parroquias

O programa de conciliación familiar organizado polo Concello de Vimianzo, o Vimiverán, clausurou este venres a súa edición máis concorrida con máis de 300 inscricións formalizadas. Sen dúbida, un dos éxitos deste ano foi a descentralización de actividades a través da Vimiaventura nas parroquias.

Os edís do grupo de goberno acudiron ás diferentes localizacións nas que se desenvolveu a iniciativa para agradecerlles aos participantes o seu comportamento e para entregarlles uns agasallos.