24
- A actividade desenvolverase pola mañá na praia de Balarés
Os nenos do Campamento Concilia, organizado polo Concello de Ponteceso, participarán na mañá deste martes na actividade ‘Conciencia ambiental’. Desenvolverase na praia de Balarés, nas dunas e no piñeiral en horario de 10 a 13 horas. Está previsto que acudan 26 nenos de entre 7 e 11 anos que ademais recibirán luvas, unha gorra e un guía turística como agasallo.
Esta actividade estará coordinada pola bióloga Marta Nieto, persoal da Área de Turismo do Concello e polos monitores da Escola con Talento.