36
Os pescadores de Malpica denuncian que gastaron a maioría da súa cota de pesca saíndo pescar cando o peixe apenas atopaba compradores e se vendía a prezos moi por debaixo dos habituais. Agora piden que se lles aumente a cota para non ir a pique. Subliñan que a algúns barcos non chegaron aos ERTE. Lembran que da súa actividade dependen moitas outras. En definitiva, queren que se lles permita pescar para non empeorar a situación nunha vila de fonda tradición mariñeira.