Os produtores de carne de vacún acusan gravemente a crise

1 minutes read

A prohibición de realizar feiras e festas afecta o sector, xa que neses eventos adoita haber un consumo masivo. Estímase que as perdas son de arredor dun millón de euros mensuais dende que comezou o estado de alarma, e iso a pesar de que se seguen a sacrificar 7.000 animais ao mes. O parón detéctase tamén nos cebadeiros e matadoiros, onde cada vez se recollen menos xatos e exemplares de vacún maior ante a dificultade para darlles saída comercial. Sen poder vender a restaurantes e hoteis, hai un exceso de oferta, e como non hai quen compre, o prezo descende, especialmente o de vacún vello, o máis apreciado en restauración. Non obstante, en tendas e supermercados, os consumidores seguen a pagar igual que antes da pandemia ou incluso máis.