33
- Este concurso está promovido pola Deputación da Coruña e celebrará a sua final o vindeiro 24 de novembro no Teatro Colón da Coruña.
Alí estarán Os Rap-osiños de Laxe, un grupo de 12 rapaces pertencentes á Escola Municipal de Música de Laxe que dirixe Victor Manuel García Pose, profesor de dita escola dende o ano 2003. O tema presentado ó certame, titúlase «PANCHITA BLUES». É unha peza musical, visual e vocal creada e composta por e para dito concurso, baseada na historia real da existencia da personaxe inspiradora, «Panchita», unha de tantas raposas que visitaba o concello de Laxe fai anos.