Os recortes na sanidade levan ó rural lucense a saír á rúa

4 minutes read
  • A Fonsagrada exixe na rúa a recuperación dos servizos sanitarios eliminados polos recortes. A veciñanza concentrouse en defensa da sanidade pública e co apoio do BNG, que propón destinar 200 millóns de euros para devolver á Galiza a atención, os medios e o persoal perdidos.
  • A falta continuada de pediatra mobiliza a veciñanza de Lourenzá, na Mariña. A Plataforma Sanitaria da Mariña convoca una concentración o vindeiro domingo, 21 de xaneiro, na praza do Conde Santo de Lourenzá ás 12 horas.
  • En Viveiro, preto de 3.000 persoas manifestabanse no centro médico exixindo a volta do servicio completo de pediatría.

Na Fonsagrada:

Veciñas e veciños da Fonsagrada máis de Negueira de Muñiz volvéronse concentrar este 14 de xaneiro para reclamarlle ao Sergas que free e progresiva perda de servizos sanitarios na comarca e devolva ás familias a atención usurpada. A cabeza de lista do BNG ao parlamento galego, Olalla Rodil, participou na concentración convocada no centro de saúde da Fonsagrada, que atende tamén a veciñanza de Negueira. “É preciso dar a volta a 15 anos de recortes na sanidade pública e blindala con persoal e medios que garantan o acceso das galegas e galegos a unha atención sanitaria de calidade “, afirmou Rodil.

Para a candidata do BNG, “unha das primeiras medidas a poñer en marcha é o Plan de Mellora da Atención Primaria, cunha partida de 200 millóns de euros para reforzar a porta de entrada á sanidade pública”. Olalla Rodil afirmou que é preciso aumentar o número de profesionais en todos os centros de saúde, “e incorporar á Atención Primaria persoal de categorías imprescindíbeis, como psicoloxía clínica ou logopedia, para prestar unha atención integral”. Segundo sinalou, o primeiro nivel da sanidade pública foi o que sufriu os recortes máis agresivos. En consecuencia, precisou Rodil, “masificación de consultas, falta de profesionais, e PACs ao límite”, que repercuten na vida diaria das galegas e galegos.

En Lourenza:

A falta continuada de pediatra mobiliza a veciñanza de Lourenzá, na Mariña. A Plataforma Sanitaria da Mariña convoca una concentración o vindeiro domingo, 21 de xaneiro, na praza do Conde Santo de Lourenzá ás 12 horas. A mobilización, sinala a entidade, responde “á falta de pediatra na localidade de xeito continuado”. Esta carencia, precisa a portavoz da plataforma sanitaria da Mariña, Montse Porteiro parte dunha situación previa de precariedade, xa que o servizo de pediatría vense prestando de “de forma compartida entre as localidades de Mondoñedo, Barreiros e Lourenzá”, de maneira que a Lourenzá correspondéndolle consulta de pediatría un día á semana.

“A pandemia foi a escusa perfecta para o Sergas para eliminar o servizo nesta localidade e a día de hoxe continúa sen restabelecerse”, sinala Porteiro, quen sitúa a orixe das eivas en pediatría “moito tempo atrás”, con ausencias non substituídas, prolongadas no tempo e “que xa foron obxecto de mobilizacións nas tres localidades afectadas, con recollida se sinaturas e reclamacións colectivas”.

É por iso que desde a plataforma exixen ao Sergas que restabeleza “integramente” o servizo de pediatría, tanto en Lourenzá como no resto de localidades da Mariña onde persiste este grave problema. “Contar con pediatras nos centros de Atención Primaria non é ningún privilexio, senón un servizo básico que garante a normalidade na asistencia sanitaria e que está a ser desmantelado polo Goberno da Xunta”, sentencia Porteiro.

Desde o colectivo sanitario chaman a toda a veciñanza da comarca a acudir á concentración do vindeiro domingo, na praza do Conde Santo de Lourenzá, ás 12 horas, en demanda “da reposición do pediatra” en Lourenzá, así como da normalización deste servizo esencial no resto de concellos cos que comparte asistencia. Piden, ademais, que se “cubran as prazas de pediatras ou se substitúan as ausencias no resto de centros de saúde da comarca onde non se deu solución aínda”.

En Viveiro unhas 3.000 persoas, segundo datos da organización, concentráronse fai unhas semanas fronte ao Centro de Saúde de Viveiro baixo o lema ‘Paremos a destrución da Atención Primaria’ ante a ausencia de “70% dos médicos” no consultorio local. A Plataforma Sanitaria da Mariña impulsou esta mobilización xusto no primeiro aniversario doutra que hai xusto un ano reclamaba atención especializada para as crianzas baixo o lema ‘Nin un só día sen pediatría’.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?