O Templo Novo de Marín, en Pontevedra, acolleu na tarde deste venres un funeral colectivo polos 21 falecidos do pesqueiro galego ‘Villa de Pitanxo’, afundido o 15 de febreiro fronte ás costas de Terranova. O acto contou coa presenza de don Filipe e dona Letizia, así como coa do ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a alcaldesa de Marín e outras autoridades políticas. O arcebispo de Santiago, Xulián Barrio, oficiou a cerimonia, á que asistiron centos de persoas. Os familiares da tripulación seguen insistindo en que se envíen aparellos robóticos ao barco afundido a uns 1.000 metros de profundidade, para tratar de localizar os corpos que faltan.
44