33
O tradicional desfile militar do 12 de outubro tivo que readaptarse este ano a un formato máis reducido, pero igualmente solemne, presidido por don Filipe e dona Letizia, acompañados pola princesa de Asturias e a infanta Sofía, foron recibidos polo Presidente do Goberno e a Ministra de Defensa na Praza da Amería do Palacio Real. Á celebración asistiron todos os membros do executivo de coalición agás a Ministra de Exteriores. Incluído Pablo Iglesias que en anos anteriores declinara a súa asistencia. Baixo o lema «A forza que nos une», o acto foi unha homenaxe ao papel dos membros das Forzas Armadas na loita contra a pandemia.