Os servizos administrativos do Concello de Carballo operativos con cita previa

1 minutes read

Coincidindo co arranque da Fase 3 da desescalada, o Concello de Carballo pon en marcha un proceso de reincorporación do persoal municipal que leva aparellada a implantación das medidas de protección necesarias para garantir a seguridade tanto dos traballadores e traballadoras coma das persoas usuarias dos servizos públicos. Como consecuencia da progresiva substitución do teletraballo polo traballo nas oficinas municipais tamén se restablecerá a atención presencial á cidadanía. Os distintos servizos administrativos empezan a funcionar con cita previa naqueles casos nos que non sexa posible utilizar vías alternativas como o teléfono, o correo electrónico ou a sede electrónica, que nestes momentos resulta imprescindible potenciar como canles de comunicación habitual entre a Administración e a veciñanza.

Tamén se activan os rexistros auxiliares das oficinas de Deportes, Cultura, Servizos Sociais e Fórum, en todos os casos previa cita, como xa vén funcionando durante todo o estado de alarma o Rexistro Xeral situado na planta baixa da Casa do Concello, e agora tamén as piscinas e as salas de fitness dos complexos deportivos Vila de Noia e Carballo Calero, pero polo momento só para as persoas abonadas.