Os traballadores dos servizos municipais de Carballo reciben 8.000 máscaras

1 minutes read
  • Durante o estado de alarma as distintas administracións distribuíron no concello máis de 70.000 máscaras cirúrxicas

O Concello de Carballo acaba de recibir 8.000 máscaras cirúrxicas grazas á colaboración entre o Goberno Central e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) que, a través dun convenio, dota aos concellos de máis de 20.000 habitantes de medios de prevención fronte a COVID-19. As máscaras irán destinadas ao persoal dos distintos servizos municipais.

Durante o estado de alarma, as distintas administracións distribuíron no concello carballés máis de 70.000 máscaras cirúrxicas. Das 33.000 que foron adquiridas polo Concello de Carballo e que representan case a metade do total, 32.000 repartíronse entre toda a veciñanza e as outras 1.000 foron utilizadas polos traballadores de servizos esenciais como Policía Local ou Protección Civil.

Do Goberno Central tamén procedeu outra partida importante de 24.500 máscaras que, coas 8.000 actuais, suman un total de 32.500. A Deputación da Coruña, pola súa banda, achegou durante o confinamento un total de 11.665 máscaras cirúrxicas, e a Xunta de Galicia 3.000. Tamén colaboraron con máscaras-pantallas empresas, particulares e entidades como o IES Monte Neme.Pal

No suplemento de crédito que acaba de aprobar o Concello para financiar os gastos derivados da COVID-19 no último trimestre deste ano, figura unha previsión de 30.000 euros para a adquisición de material sanitario para as distintas áreas e servizos municipais e máis de 130.000 euros para traballos e materiais de desinfección, limpeza e aseo de espazos, edificios públicos e centros de ensino.