Os triatletas da AD Fogar arrincaron o ano en Vimianzo con catro podios

1 minutes read

O domingo 14 de xaneiro cinco triatletas da AD Fogar representaron á entidade no Campionato Galego de Dúatlon Cros de Vimianzo, máis coñecido como Dúatlon Cros de Reis Concello de Vimianzo. Nesta a súa 15ª edición ademáis do Campionato Galego Estándar de Dúatlon Cros, o Concello sumou esforzos para apoiar e promocionar ás categorías de base do tríatlon galego celebrando unha proba do circuíto súper sprint e outorgando tamén o título de Campionato Galego Súper Sprint ás categorías Cadete, Xuvenil e Júnior. Precisamente nestas categorías e sobre a distancia super sprint os deportistas da AD Fogar sumaron os catro primeiros podios da tempada, Hugo Souto e Iago Prada subían ao 2º e o 3º banzo do podio na categoría xuvenil, os mesmos postos que acadaron Rubén Otero e Nuno Moure na categoría Júnior. Na proba sobre a distancia estándar, Alexandre Rodríguez foi 19º absoluto e 5º veterano.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?