Ante as dúbidas, non existe prohibición expresa sobre este asunto, pero é recomendable tomar todas as precaucións posibles con elementos de uso colectivo en lugares de pública concorrencia. Polo que se fai necesario tomalas polo propio ben dun e tamén polo ben colectivo dos demais. Ata o de agora era común ver como algunhas persoas mollábanse o dedo coa lingua para pasar as páxinas de revistas ou xornais nos bares, débense cambiar eses hábitos. Aínda que a Organización Mundial da Saúde (OMS) asegura que o risco de contaxio tocando un diario de papel é relativamente baixo, debido á tinta e ao proceso de impresión, non se debe baixar a garda na súa utilización, e se podemos informarnos polos medios dixitais ou audiovisuais, moito mellor que por papel.
24