Pedro Sánchez, descartou este martes facilitar coa súa abstención que o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, goberne sen Vox se gaña as eleccións. Mentres, segue determinado a desmontar nos medios de comunicación as “insidias” e “mentiras” de quen inchou “ a burbulla do sanchismo” e dixo de si mesmo que, aínda que non é “perfecto”, é un “político limpo” fronte á corrupción. O presidente do Goberno lembrou que en 2019 el mesmo pediu ao Partido Popular que lle permitise gobernar en solitario ao ser a lista máis votada, cando non alcanzou un acordo con Podemos e houbo que repetir as eleccións. “O PP votou en contra sistematicamente”, matizou. “Cada vez que o PP necesitou ao PSOE para absterse, o PSOE fíxoo, pero en 2019 o PP votou en contra en dúas ocasións”, subliñou.
0