20
Segundo os últimos datos achegados dende a residencia de maiores de Leiro, de 74 usuarios que hai, 69 están contaxiados. Un tivo que ser hospitalizado, os que teñen síntomas son, de momento, leves. Ademais, 15 traballadores deron tamén positivo, polo que a Xunta de Galicia tomou a decisión de intervila. A conselleira de Política Social, Fabiola García, explicou que esta decisión obedece ao “elevado número de contaxios” rexistrado, que provocou que o Goberno galego enviase “medios humanos e materiais que eran necesarios nestes momentos para coidar e atender ás persoas maiores”. Cabe destacar que na residencia de Leiro aínda non administraran ningunha dose da vacina.