O pasado domingo sete atletas da AD Fogar corrían o Campionato Galego de Campo a Través no circuíto de A Veronza, en Ribadavia. Na categoría sub 20 representaron á entidade a título individual Hugo Martínez e Nuno Moure, mentres que na categoría sub18 fixérono Anxo Bello, Adrián Sancho, Iago Prada e Michel Núñez. As 11:30 horas e sobre a distancia de 5 quilómetros, Iago Prada remataba 7º, Anxo Bello 8º, Adrián Sancho 10º e Michel Núñez 17º entre os que callaban unha sólida carreira sumando os 27 puntos para ser Campións Galegos por equipos na categoría sub18 por tan só 2 puntos de vantaxe sobre o Clube Atletismo Narón. Preto das 12 horas e sobre a distancia de 7 quilómetros, Nuno Moure era 10º e Hugo Martínez 14º na categoría sub 20. Deste xeito os da AD Fogar volven asinar unha máis que destacada actuación noutra das probas do calendario de Campo A Través. A vindeira cita será a Final Galega Escolar de Campo A Través que terá lugar neste mesmo escenario o vindeiro sábado día 13 de xaneiro coa participación do equipo cadete feminino que conformarán Irene Santomé, Inés Duarte, Ana Ézara e María Liu, e máis o tamén cadete Liam Hernández.
23