En Lousame, nove triatletas da AD Fogar de Carballo e Oleiros, pertencentes ás categorías infantil, cadete e xuvenil tomaban parte no Campionato Galego de Dúatlon Escolar contra reloxo por equipos. Proba desputada sobre tres segmentos e as distancias de dous quilómetros de carreira a pé, cinco quilómetros de ciclismo e outro quilómetro de carreira a pé. Os da AD Fogar presentaron dous equipos masculinos compostos por Adrián Sancho, Hugo Souto, Joel Barcia, Michel Núñez e Óscar Alberte no equipo A e Diego Souto, Juan Giráldez, Manuel López e Nicolás Mato. Os compoñentes do primeiro equipo gañaban a proba cun tempo de 19 minutos e 22 segundos acadando así o título de Campións Galegos Escolares. Pola súa banda os compoñentes do equipo B remataban nunha meritoria 11ª praza en 25 minutos e 42 segundos; sendo ademáis o único equipo en meta coa totalidade dos integrantes da categoría infantil.
Outro dos protagonistas foi Andrés Prieto que tomou parte en Ceuta noutra das probas da Copa de Europa de Tríatlon sobre distancia sprint na que rematou nunha moi traballada 22ª praza da categoría elite cun tempo de 55m 45s. Andrés foi quen de manterse na cabeza de carreira nos segmentos de natación e ciclismo pero perdeu posicións na carreira a pé, segmento onde non está a atopar o seu mellor momento.
21