Este domingo 22 de outubro nove atletas da AD Fogar tomaban parte en Cangas de Foz no Campionato Xunta de Galicia de Campo A Través Sub 16 e 18 por equipos; proba na que acadaban unha máis que destacada actuación individual e por equipos. Na primeira das carreiras 5 representantes sub16 da AD Fogar subían ao 1º caixón do podio para colgarse a medalla de ouro por equipos e revalidar así o título de Campións Galegos da tempada pasada; desta volta con Roque González como gañador da proba, Michel Núñez na 3ª praza, Joel Barcia na 4ª, Óscar Alberte na 9ª, e Líam Hernández na 32ª. De seguido os sub18 proclamábanse subcampións galegos por equipos con Iago Prada 6º, Nuno Moure 7º, Hugo Souto 10º e Hugo Martínez 12º. Compre sinalar tamén que os dous equipos acadaron a súa clasificación directa para o Campionato de España da modalidade a celebrar en Soria o vindeiro 19 de novembro de 2023.
19