Outeiro de Rei contará cunha nova área de ocio no marco do Plan Hurbe

1 minutes read

A Xunta e o Concello de Outeiro de Rei investirán algo máis de 1,1 M€ na habilitación dunha nova área de ocio no marco do plan Hurbe, segundo anunciou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, logo de asinar o convenio de colaboración co alcalde, José Pardo.

A nova área localizarase nunha parcela de 2.688 m2, nas inmediacións de Santa Isabel, e contará con dúas piscinas ao aire libre ¾unha de uso infantil e outra para adultos¾, e un centro para bicicletas de montaña. A maiores, construirase unha edificación polivalente, que podería albergar unha cafetería, e haberá zonas destinadas a usos complementarios. A Xunta achegará o 70% do orzamento previsto e o concello o 30% restante.