Pablo Arangüena denuncia o silencio de Feijóo no «caso Bárcenas»

1 minutes read

O vicevoceiro do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, vén de denunciar que “Feijóo non dea a máis mínima explicación” cando “o que se sabe do Caso Bárcenas comeza en Galicia e remata en Galicia”.

Arangüena asegura que “hai probas suficientes de que o PP de Galicia foi dopado” ás convocatorias electorais durante dúas décadas, incluíndo “ás primeiras eleccións de Feijóo no ano 2009”.

Sinala que “non é coincidencia” que a Xunta “mire para outro lado” co caso de corrupción de Louzán, ao tempo que “o último pago coñecido da caixa B sae do PP de Pontevedra”, organización da que el era presidente.