Fíxoo en substitución de Javier Arias. Fíxoo en presenza do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González.
Enxeñeiro industrial, fundou e traballou nun estudio de enxeñaría, presidiu a Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra e foi concelleiro desta cidade entre os anos 2011 e 2015, e do 2019 a 2023. Desde hai dous anos exercía como secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais.
Na súa intervención, o novo delegado agradeceu “a confianza depositada nel e asegurou que traballará para manter a colaboración con todos os concellos da provincia”.
Alfonso Villares tamén tomou posesión este martes como novo delegado territorial da Xunta en Lugo, en substitución de Javier Arias. Fíxoo en presencia do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, do conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e da conselleira do Medio Rural, María José Gómez.
Licenciado en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela, Villares compaxinou esta profesión co labor de edil no concello do Cervo. En 2007 foi elixido alcalde deste municipio lucense, cargo que revalidou noutras catro eleccións. Entre xuño de 2023 e 2025 foi conselleiro do Mar.
Na súa intervención, Villares agradeceu a confianza depositada nel para asumir esta responsabilidade e asegurou que afronta a nova etapa coa vontade de achegar o seu «gran de area para contribuír a mellorar a vida dos lucenses». Neste sentido, comprometeuse a desempeñar o cargo «con humildade, capacidade de traballo e vocación de servizo público» para seguir avanzando no desenvolvemento de Lugo e de Galicia.