Pablo Lago, novo alcalde de Brión


Tras a renuncia do rexedor de Brión, o socialista Xosé Luis García García, que deixa a alcaldía tras 41 anos de labor en prol do veciño, segundo afirma por motivos estritamente persoais, e que non teñen nada que ver co exercicio do seu labor gubernativa, Brión entra nunha nova era. Pablo Lago, que ata agora exercía de tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, recolleu este venres o bastón de mando. Entre o público, o seu predecesor, Xosé Luís García, todo un histórico da política municipal.