Pablo López-Pizarro renova polo Calvo Basket Xiria


Pablo López-Pizarro de la Sota (A Coruña · 1997), será unha das pezas importantes no organigrama do equipo que dirixe Héctor Méndez, para a vindeira tempada en Liga EBA. O coruñés, que xoga de escolta e tamén coma base, vai a disputar a súa cuarta tempada consecutiva en Carballo. O ano pasado, na 1ª Div. Autonómica, promediou 13 puntos en 25 minutos, nos 22 partidos xogados.
Pablo é xogador criado nas categorías de base do Basquet Coruña, cunha dilatada experiencia na Liga EBA, con 7 tempadas disputadas en categorías FEB, onde xogou 102 partidos con case 2.000 minutos disputados e case 600 puntos. Xogador versátil e cunha ampla visión de xogo, ademais ten unha boa entrada a canastra, onde tanto pode finalizar a xogada coma dobrar o balón para un tiro exterior.