Pactado o aprazamento da selectividade

0 minutes read

O Goberno e as comunidades autónomas abordaron a posibilidade de aprazar as probas da EBAU, coñecidas anteriormente como selectividade, debido á cancelación das clases a causa do coronavirus, aínda que a súa celebración vaise manter. A pesar de que aínda é pronto para tomar decisións, segundo afirmou o conselleiro murciano Miguel Motas en declaracións aos medios, decidiuse que, «de momento», non se vai eliminar a EBAU, pero «será difícil manter o calendario», polo que «moi probablemente, aprazarase»; unha medida que se determinará durante as próximas semanas.