Pacto PSOE-BNG | Abre un carril do viaduto da A-6

1 minutes read

O pacto que conseguiu negociar o BNG ao PSOE no marco da investidura de Pedro Sánchez comeza a dar os seus primeiros froitos coa intensificación das obras para o restabelecemento do viaduto do Castro, que conecta a Galicia coa meseta.

Porén, segundo sinalou fai un mes o delegado do Goberno estatal, estas obras tomaron un novo ritmo a partir do pactado entre o BNG e o PSOE; e cumpriuse o prazo de que o viaduto que conecta a Galiza a través da A-6 poderá volver albergar tránsito en dirección Madrid este ano, en concreto este mesmo sábado, e que os labores en dirección contraria prevense que culminarán no 2024.

Ano e medio despois de que a A-6 quedase cortada ao tráfico pola caída dun viaduto nas proximidades de Pedrafita, este sábado 30 de decembro a autovía será reaberta moi parcialmente ao tráfico. Só os vehículos en dirección á Meseta poderán circular por ela empregando un só carril, mentres que os que circulan cara a Galicia deberán seguir utilizando o desvío habilitado pola vella N-6. Así o anunciou nunha visita ás obras o propio ministro de Transportes, Óscar Puente, que espera que antes de rematar o próximo ano estea finalizado tamén o segundo viaduto e a autovía poida recuperar toda a súa funcionalidade.