Papá Noel e os elfos de Nadal comezan as súas visitas á Coruña

1 minutes read

Dentro da programación de actividades das festas de Nadal, o Concello da Coruña organiza desde este mércores 21 unha serie de visitas de Papá Noel e dous dos seus elfos, que recibirán os máis pequenos no Pazo Municipal de María Pita. Achegaranse tamén a oito dos centros cívicos da cidade.

As recepcións á rapazada en María Pita terán lugar desde este mércores ata a xornada de Noiteboa, os vindeiros días 21, 22, 23 e 24.

 Papá Noel e os elfos atenderán as nenas e nenos nos seguintes horarios:

Mércores 21, Xoves 22 e Venres 23: De 17.00 a 21.00 horas.

Sábado 24: De 12.00 a 14.00, e de 16.00 a 18.00 horas.

En paralelo, e a través da Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Participación Cidadá, desenvolveranse tamén as visitas de Papá Noel nos centros cívicos, contribuíndo a achegar o espírito de Nadal aos barrios da cidade.

Papá Noel percorrerá os centros cívicos dos barrios da cidade para escoitar os desexos e atender as peticións da rapazada, aproveitando os obradoiros infantís de Nadal promovidos polo Concello en ditas instalacións.

Xoves 22 (Centros Cívicos de Visma, Sagrada Familia, Feáns, Santa Margarida): De 19.00 a 20.30 horas.
Venres 23:
Centro Cívico de Santa Lucía: De 11.30 a 13.30 horas.
Centros Cívicos de Pescadores, A Silva, Artesáns: De 19.00 a 20.30 horas.