Este domingo 21 de agosto ás 18:30 no Vila de Noia, o Calvo Xiria disputou o seu segundo encontro desta tempada, primeiro na súa casa, ante o recentemente ascendido á liga Asobal, o Cisne de Pontevedra, en xogo os cuartos de final da Supercopa Galicia. Nunha primeira metade moi igualada chegouse ao descanso con moi boas sensacións e tablas no luminoso 15-15. Foi no meridiano da segunda parte cando o Cisne apertou máis, logrando abrir unha brecha no marcador e que chegou a establecerse en 9 goles ao final do encontro, 28-37. Partícipe do bo xogo do equipo pontevedrés fíxose o pivote defensivo carballés Iván Calvo, co dorsal número 15, leva xa unha impresionante traxectoria no mundo do balonmán. Partindo do Xiria BM do ano 2014 ao 2016, aí foi cando se incorporou ao UB Lavadores por tres tempadas, as mesmas que leva no Club Cisne e que agora lle devolve á categoría Asobal.
14