Paula Alvarellos substitúe a Lara Méndez á fronte da alcaldía de Lugo

1 minutes read

A concelleira de Urbanismo no Concello de Lugo, Paula Alvarellos, será a segunda alcaldesa na historia da cidade. Tomará o bastón de mando nun pleno extraordinario que se celebrará o vindeiro xoves, 18 de xaneiro, e que se vai convocar de xeito oficial este luns. Avogada de profesión e nada en Ponteceso en 1963, Alvarellos non só é unha das persoas de máis confianza da alcaldesa saínte -que lle entregou no mes de xuño a portavocía do grupo municipal- senón que experimentou un importante crecemento no seu perfil político e na súa presenza pública nos últimos tempos. Recoñecida polo seu traballo previo na Asociación Penal Concepción Arenal e no Consello Social da USC -por intermediación de Besteiro-, irrompeu na primeira liña da política municipal en 2019 para facerse cargo da área de Economía e Persoal.  

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?