16
Non hai un rexistro oficial de casos, pero xa se contabilizan máis de vinte aulas pechadas na comunidade galega desde que se iniciou o curso a semana pasada. Ademais este xoves coñecéronse casos novos en Vigo, Cambre, Ribadeo, Ourense e Vilagarcía.
Se hai un caso, íllase toda a clase. É o protocolo co que se traballa en Galicia para previr os contaxios nos centros educativos e que se está aplicando desde que a semana pasada empezou o curso. O resto da actividade continúa normalmente no colexio.