A Comisión de Festas do barrio carballés da Milagrosa dá por pechado o programa do Iº ENTROIDO DO CHORÓN que se celebrará o sábado 18 no barrio, nunha carpa calefactada situada na Rúa Xosé M.ª Castroviejo (antiga Corredoira da Asturiana).
Desde primeira hora da mañá estará instalada a Pulpeira e os xogos para os máis pequenos.
Á sesión vermut, que se iniciará ás 13.30 horas, a cargo do grupo O Tren da Unha, seguiranlle as actuacións de DJ Bermúdez e DJ Dani Varela coa Disco Impacto.
A partir da 22.00 h. será o Dúo Óscar e Wilfred os que se encarguen de continuar amenizando a velada.
Para o final do longo día queda, de novo, a actuación dos Djs Bermúdez e Dani Varela, ata que o corpo aguante.
No medio de todo iso, ás 22.00 h. sortearase unha gran Cesta de Entroido, composta dos produtos necesarios para poder elobarar un bo cocido.
Un dos pratos fortes, a PROCESIÓN DO CHORÓN, desenvolverase a partir das 18.00 h e discorrerá polas rúas :
Saída desde a carpa instalada en Xosé M.ª Castroviejo, Rúa Compostela, Rotonda da Milagrosa, Avda. da Milagrosa – con parada e ofrenda diante da capela- Rúa Xílgaro, Rotonda do Forum, Rúa Saturnino Cuiñas e Re-plantación en zona axardinada do Forum.
Tras unha breve homilía por parte das autoridades eclesiasticas, iniciarase o regreso da comitiva ata a carpa na Rúa Xosé M.ª Castroviejo, onde continuará a festa.
Desde a Comisión animan a veciños e vistantes a ser testemuñas directas deste Iº Re-nacemento do Chorón da Milagrosa, asistindo con algún tipo de disfrace.
Agradecen a inestimable colaboración do Concello, Policía Local, Protección Civil de Carballo así como aos diversos establecementos colaboradores.