Pechan o Concello de Vilagarcía tras dar positivo varios dos seus traballadores


A Casa do Concello de Vilagarcía pechouse ao público por precaución despois de dar positivo varios dos seus traballadores. Segundo fontes municipais, estes días todo o cadro de persoal, formado por máis de 300 persoas, someteuse ás probas serolóxicas, nas que se detectaron os contaxios. Agora realizaranlles as PCR para confirmar os resultados iniciais. Fontes municipais informaron á cidadanía que o concello estará pechado en principio ata o luns.