O senador do PP Pedro Rollán foi elixido presidente do Senado na sesión constitutiva da Cámara Alta grazas á maioría absoluta que ten o seu partido. Rollán, que foi o senador máis votado nas eleccións xerais, obtivo en primeira volta 142 votos a favor, mentres que 114 senadores votaron en branco, entre eles os 88 do PSOE. Outro senador do PP, Javier Maroto, foi elixido vicepresidente primeiro da cámara, mentres que o parlamentario socialista e expresidente de Estremadura Guillermo Fernández Vara foi votado como vicepresidente segundo. Completan a composición deste órgano a senadora por Alacante Eva Ortiz (PP), a senadora por designación autonómica pola Comunidad de Madrid Marimar Blanco (PP), a senadora por Córdoba Ángeles Luna (PSOE) e o senador por Las Palmas de Gran Canaria Francisco Fajardo (PSOE).
38