Pedro Sánchez agarda poder comezar a vacinar contra a covid-19 en maio

1 minutes read

Así o afirmou Pedro Sánchez en Valencia, primeira parada da súa xira polas comunidades autonómas para explicar o plan de recuperación da economía. O presidente di que a segunda vaga do coronavirus é distinta que a primeira, e que esixe unha estratexia diferente da que se adoptou en marzo. Sánchez volveu a apelar á disciplina colectiva para dobrar a curva dos contaxios antes de que estea dispoñible a vacina. Tamén incidiu na necesidade de adecuar a resposta ás «características» da segunda onda da pandemia a través dos parámetros e as avaliacións semanais do Consello Interterritorial de Saúde, á vez que se poñen todos os recursos para superar a emerxencia «económica» e «social».