30
No PSOE cren que aceptar unha coalición con Podemos restaría outros apoios á investidura. E advirten do risco de repetir eleccións.
José Luis Ábalos, secretario de Organización do PSOE, di que “a alternativa a un goberno socialista é obrigar a que os españois volvan votar. E non lles caiba ningunha dúbida de que as urnas tamén teñen memoria. Os españois non perdoarán a quen poña en solfa a viabilidade da lexislatura”.
O PSOE designou a Carmen Calvo, Adriana Lastra e José Luis Ábalos para encargarse das negociacións, que este martes abre o propio Pedro Sánchez con Pablo Iglesias, Albert Rivera e Pablo Casado.