25
Anunciouno este xoves nunha entrevista de radio, na que explicou que a medida estará en vigor ata o 31 de decembro. Con todo, adiantou que o Goberno se abre a estendela ao longo do próximo ano, en función das circunstancias, “mentres dure esta situación tan difícil”. Sánchez asegurou que considera “razoable” que o Executivo tente baixar agora a factura da calefacción. Dixo o presidente do Goberno que xa rebaixaron nun 80 % os impostos vinculados á luz pero poden facer “moito máis” e por iso expuxeron a rebaixa do IVE do gas “en consonancia coa política económica que estamos a despregar ao comezo da crise enerxética”, concluíu.