21
O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, afirmou este venres que é importante avanzar na cohesión territorial, e sinalou a chegada do AVE como unha infraestrutura clave para os galegos.
«Moi pronto Galicia quedará conectada por alta velocidade co resto do país, en decembro imos poñer en servizo o tramo Pedralba-Ourense. O AVE a Galicia vai ser unha realidade», asegurou Pedro Sánchez. O presidente do Goberno clausuraba así a terceira edición do Foro La Toja.