Pedro Sánchez apoiou a Besteiro en Lugo | Co PSdeG na Xunta ‘Galicia non Rueda, Galicia voa’

2 minutes read

Besteiro presentou os seus compromisos coa provincia de Lugo, onde se comprometeu a “non facerlle oposición” a Lugo dende a Xunta, e comezou reivindicando o cumprimento do acordo de reactivación de Alcoa. Sinalou que o goberno central está “pendente” dun compromiso da empresa cos traballadores que é “absolutamente vital” e do que, lembrou, “PP e BNG estaban en contra, e nós queremos que se siga cumprindo”.

Durante a súa intervención anunciou a rematar da construción da VAC Costa Norte, paralizada dende a chegada do PP á Xunta, e que estará conectada coa futura autovía para conectar A Mariña. Asumiu ademais o compromiso de reactivar do Plan Paradai, o Museo da romanización e apoiar o Arde Lucus na capital da provincia, ou de impulsar o Porto Seco de Monforte como centro neurálxico de mercadorías en Galicia.

O responsable socialista presentou ao secretario xeral do PSOE e presidente do goberno, Pedro Sánchez, como “o presidente máis galego en 40 anos de democracia en España”, que “nunca lle fallou a Lugo nin a Galicia” e que fixo máis por esta terra que Rajoy en 7 anos. Sánchez recolleu o argumento e sinalou na súa interveción que nos últimos 5 anos de goberno os recursos enviados a Galicia superaron nun 32 por cento os de Rajoy no mesmo tempo.

O presidente do goberno reivindicou un goberno socialista en Galicia porque, dixo nun xogo de palabras, “se temos un socialista na Moncloa e outro na Xunta, o 18 de febreiro Galicia non Rueda, Galicia voa”. Chamou á mobilización dos galegos e galegas indecisos que o pasado 23 de xullo deron o seu apoio ao goberno socialista e conseguiron frear a chegada da dereita e da ultradereita, para que volvan votar socialista, a única papeleta “para gobernar o cambio”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?