34
Este martes tivo lugar no Senado o primeiro cara a cara entre Pedro Sánchez e Núñez Feijóo, tras asumir este último a presidencia do Partido Popular hai dous meses. Foi un cruzamento de declaracións bronco, onde Sánchez reprochoulle que o seu partido só se dedicou a «estorbar» nestes anos, mentres o Goberno «traballaba sen descanso por protexer ás empresas e ás familias». «A miña primeira petición sería que fixesen unha oposición de Estado e útil», reclamou o xefe do Executivo, ao que Feijóo tendeu a man para pactar un plan anticrise que «funcione», baseado en rebaixas de impostos e afastado das «minorías». «Vivir ao día é resistir, pero non gobernar», cuestionoulle.