28
- O PSOE logra sumar 179 escanos na Cámara Baixa, ao superar os 176, unha maioría absoluta que lle permitirá a Pedro Sánchez saír investido presidente directamente na primeira votación.
O presidente do Goberno en funcións e líder do PSOE, Pedro Sánchez, xa ten garantidos os apoios para saír investido como novo xefe do Executivo do Congreso dos Deputados nun pleno que se celebrará a mediados da próxima semana. Non foi un parto fácil, pero finalmente o PSOE alumou todos os acordos necesarios co resto de partidos democráticos para que así sexa. De pouco ou nada lle serviu ao PP gañar as eleccións do 23 de xullo. A dereita de Feijóo e a ultradereita de Vox non foron quen de entenderse con ninguén, algo que deberían facerse mirar para a próxima oportunidade, coa condición de que non «morran» no intento, por falta de política útil e igual para dodos, tal e como lle pasou no seu día a Ciudadanos.