Pedro Sánchez pide a Feijóo que ‘rectifique’ as súas alianzas con Vox

1 minutes read

O presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, pediu ao líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, que “rectifique” as súas alianzas con Vox e se abra ” a grandes acordos de país” e asegurou que os socialistas son “a garantía” dos dereitos e as liberdades fronte ao avance da ultradereita. Sánchez fixo estas manifestacións durante o seu discurso de clausura da Convención Política que o PSOE celebrou na Coruña. Pedro Sánchez destacou o valor da Convención Política como forma de  “actualizar o ideario” do partido para “dar un impulso de país e que continúe España avanzando” neste inicio de lexislatura e destacou os logros do Gobierno nestes dous meses, como a lei de paridade ou a subida do salario mínimo interprofesional. Tamén advertiu sobre o risco que supón “o avance da internacional ultradereitista que estamos a ver por desgraza tanto en Europa como na sociedade española e fóra do continente europeo”. Sánchez lembrou que Vox foi o único partido que votou esta semana en contra de reformar o artigo 49 da Constitución para substituír o termo ‘diminuído’ por ‘persoas con discapacidade’ e pediu por iso ao xefe da oposición, Alberto Núñez Feijóo, que “rectifique as súas alianzas” co partido que lidera Santiago Abascal”.