26
O xefe do Estado propuxo este xoves a Pedro Sánchez como candidato á presidencia do Goberno ante o Congreso tras unha rolda de consultas cos representantes políticos na que o socialista non logrou sumar ningún apoio. Como marca a lei, o rei comunicou a súa decisión á presidenta da Cámara Baixa, Meritxell Batet, que confirmou a designación de Sánchez a última hora deste xoves nunha comparecencia no Congreso tras volver do Palacio da Zarzuela.